Ferrolterra rebélase perante a crise

Unha comarca en crise abafada polo polos vetos políticos e refén do Ministerio de Defensa. Ferrolterra centra o tema da semana no número 46 do Sermos Galiza. A partir desta sexta feira xa podes mercar o semanario na nosa loxa

En Ferrol as cousas están claras. "Somos propiedade do Estado español, el decide se existimos. E non quere". Mais a cidadanía non se resigna. Unha xornada de loita no alvo para reaxer a uns índices de desemprego disparados e o sector naval desmantelado. 

Nas páxinas de política falamos co grupo promotor da Iniciativa pola soberanía/Galiza pola soberanía. Após se constituír o pasado 4 de maior en Santiago de Compostela aseguran que o seu obxectivo é procurar unha iniciativa "canto máis aberta e plural" focada na construción dun Estado propio para Galiza. 

As rúas do noso país tamén clamaron esta quinta feira contra a 'lei da Wertgoña' e situaron Galiza á cabeza dos territorios do Estado español que masivamente rexeitaron a aprobación da reforma educativa nunha xornada de loita que abrangueu máis de 40.000 persoas. 

Mais esta non é a única reforma á que a cidadanía se opón. O goberno de Madrid prevé a aprobación dunha outra lei que repenalizará o aborto. Na sección de social abordamos a restrición do dereito das mulleres a decidiren sobre o seu propio corpo con aquelas mulleres que son nais. En troca, para as crianzas falamos das tarefas para facer fóra do horario lectivo. Aprendizaxe ou desigualdade social? 

Nas páxinas de política falamos co grupo promotor da Iniciativa pola soberanía/Galiza pola soberanía.

Nas páxinas de traballo analisamos as mensaxes lanzadas polas centrais sindicais nun 1 de maio histórico. Entrementres CCOO e UGT apostan por un 'pacto social' que proporán a finais de mes a Mariano Rajoy, desde a CIG chaman a a intensificar a mobilización sen descartar a convocatoria dunha folga xeral perante unha realidade laboral e social que deixa no mes de abril máis paro e maior temporalidade. 

A economía deixa máis un desgusto para Galiza. Esta mesma semana coñeciamos que NGB será vendida a prezo de saldo. Xunto ao desmantelamento do sector produtivo galego a quebra do tecido industrial do que Pescanova segue a ser un bo exemplo. 

Algo de música para relaxar o ambiente tan dramático? Sintonicemos Radio galega música. 365 días ao ano en emisión: abrumadorramente en español, un pouco en inglés, algo, mas só un chisquiño, tamén en galego.

En internacional botamos a ollada á decisión do Tribunal Constitucional a respeito da Declaració de Soberanía aprobada en Catalunya. Desde a rúa e o Parlament desafían á máxima instancia. 

Radio galega música. 365 días ao ano en emisión: abrumadorramente en español, un pouco en inglés, algo, mas só un chisquiño, tamén en galego. 

En Cultura falamos coa organización do Festival de Cans, a festa do agroglamour. Tamén nos achegamos ao Festival de Títeres de Redondela e a Ponte....nas ondas. 

Todos estes contidos e moito máis, coma todas as sextas nos quiosques e librarías do país. E tamén a partir de hoxe, na nosa loxa

Comentarios