"Feijóo sabía, como mínimo, que estaba no barco dun delincuente"

Manuel Fernández Padín, testemuña protexida durante 20 anos após colaborar coa policía para pór nomes e apelidos a tod@s @s detid@s da operación Nécora contra o narcotráfico, móstrase convencido de que o presidente da Xunta "sabía ben quen era" Marcial Dorado

photo_camera [Imaxes: SG]


Manuel Fernández Padín foi, xunto a Ricardo Portabales, a persoa que aportou toda a información que posibilitou a detención do clan dos Charlíns, para o que el propio traballou descarregando e distribuíndo, hachís primeiro e cocaína despois.

Na entrevista que Sermos Galiza publica no semanario nº43, desde esta sexta feira nos quiosques, Padín conta a súa propia historia e as condicións de "abandono" en que Garzón o deixou após "exprimirme como un limón" entre 1990, cando o prenderon no barbeiro, até 1994, cando se realizou a Nécora. 

Analiza un mundo cheo de luces e sombras que el coñeceu de perto, "as drogas fodéronme a vida", e fala tamén das polémicas fotos en que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, toma o sol na cuberta do barco do narcotraficante Marcial Dorado. "Sabía que era un contrabandista. E iso é suficiente", di este home, que viviu 20 anos como testemuña protexida "malia que non me protexeu ninguén".

Conta que partillou cela de illamentocon pres@s de ETA e que desde a fiestra vía no patio os mesmos narcos que denunciara. Tomaban o sol no patio e untaban crema uns no lombo dos outros. "Namentres nós non podiamos nin sentar na cama".

Tes a íntegra desta entrevista no Sermos Galiza número 43, xa nos vosos quiosques.

Comentarios