O xornalista e ex-director de Gara Josu Juaristi, candidato de EH Bildu ás europeas

A fronte ampla vasca proporá o actual editor de Zaspika como cabeza de lista para as eleccións ao Parlamento europeo que se realizarán en maio.

juaristi
photo_camera [Imaxe: Naiz]


O xornalista Josu Juaristi, ex director de Gara e actual editor de Zaspika, é a persoa escollida polas direccións das formacións políticas que se integran en EH Bildu para encabezar a listaxe con que concorrerán ás eleccións ao Parlamento europeo e que se realizarán en maio. 

Segundo informa o diario Naiz citando fontes da fronte ampla vasca, os "amplos coñecementos" sobre a Unión Europea fan de Juaristi "un gran candidato" que representará "os intereses da sociedade vasca nos foros internacionais" e realizará unha labor diplomática "importante" a respeito do proceso político que está en marcha en Euskal Herría.

A importancia que EH Bildu concede á tarefa de conseguir representación no Parlamento europeo radica na situación de descomposición do Estado español, mais tamén na necesidade de avanzar no proceso político vasco. 

Nos vindeiros días, a coligación dará tamén a coñecer o resultado das conversas que está a manter con outras forzas políticas das nacións sen estado, nomeadamente con Galiza e Catalunya, conversas que se seguiron producindo aínda despois de que ERC tomara a decisión de concorrer en solitario ás europeas

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en Euskal Herria
comentarios