venres 18/09/20

O PNV non descarta ningunha fórmula de goberno e defende "unha Euskadi estábel"

Após as reunións desenvolvidas coas demáis forzas políticas con representación parlamentar, Iñigo Urkullu asegura que non descarta nin prioriza ningunha fórmula de goberno mais puntualizou, “hai base firme suficiente” para alcanzar acordos futuros.

O candidato a lehendakari polo PNV, Iñigo Urkullu, celebrou após os comicios do 21-O unha rolda de contactos [email protected] principais representantes polí[email protected] das demais forzas. Nas xuntanzas, os jetzales achegaron ao PSE, EH Bildu, PP e UpyD un documento de traballo en que recollen os tres eixos fundamentais arredor dos que a forza máis votada nas eleccións da CAV procura tecer un posíbel acordo de goberno.

Despois dos contactos, Urkullo di agardar ás “reaccións de cada unha das formacións políticas” a respecto do documento achegado e parabenizou as persoas participantes nas xuntanzas polo “clima en que se desenvolveron”. Segundo o presidente jetzale, o texto entregado recolle os puntos básicos dunha “axenda de país” para os vindeiros catro anos, coa que alcanzar o consenso político e social preciso para “responder á crise económica e volver crear emprego”, asegurou Urkullu. Neste senso, o PNV propuxo un acordo económico e social que procura “o equilibrio e estabilidade orzamentaria” cara ao exercicio do 2013 que abranga unha nova política fiscal e se desenvolva un plan de actuación encamiñado á xeración de emprego.

Urkullo reiterou que o obxectivo jetzale é procurar a configuración dun goberno para a CAV que “forneza a Euskadi da estabilidade, liderado e a confianza que a situación demanda”, no entanto, o presidente do PNV subliñou que a axenda presentada non ten nada a ver co “que poida ser unha fórmula de goberno determinada”. Porén, o documento achegado [email protected] jetzales, recolle algunhas das demandas das demais formacións políticas con representación parlamentar. Neste senso, o texto contén un punto de “paz e convivencia” que pretende “abordar desde o máis amplo acordo a

O PP teima na loita contra ETA entrementres o PSE non descarta un posíbel pacto s políticas referentes á consolidación da paz, á humanización e reconciliación social” após o cesamento do fogo anunciado por ETA. Aliás, recolle o estabelecemento dun “imposto para as grandes fortunas” no capítulo dunha nova política fiscal –cuestión que contaría co apoio do PSE, asemade dunha posíbel reforma do sistema tributario. “A iso estamos dispostos e iso propuxemos a todas as forzas políticas”, aseverou Iñigo Urkullu.

Após as xuntanzas desenvolvidas nestas últimas semanas en Sabin Etxea, algunhas das formacións políticas comezan a amosar os seus propios intereses. Neste senso, Antonio Basagoiti e a delegación do Partido Popular, aseguraron que seguirían “defendendo a exixencia democrática” para “avanzar cara o fin de ETA” así como, salientou o aínda líder dos populares, “a exixencia fronte a Batasuna para non darlle normalidade a aqueles que seguen facendo declaracións indecentes”; deste xeito, Antonio Basagoiti aludía ás verbas de Laura Mintegui, pronunciadas após as detencións de dous integrantes de ETA en Francia. Doutra banda, o PP condiciounou calquera posíbel pacto de goberno a que o PNV se “centre na crise económica”.

Pola súa banda, o PSE de Patxi López, segurou nunha entrevista en Radio Euskadi, que a súa formación estaría disposta a pactar [email protected] jetzales se resulta “bo para a estabilidade do país”. López, aprobeitou tamén para facer autocrítica após perderen, nas pasadas eleccións, nove escanos no Parlamento de Gasteiz, asegurando que o seu partido se atopa nunha situación de “certo desconcerto e desorientación” perante o que el considera a perda de “atractivo” para a cidadanía. Patxi López, xa afirmara nunhas declaracións hai poucos días que o PSE-PSOE corría o risco de converterse nun “partido vello” en troca de ser un “vello partido”. Porén, afirmou que as renovacións e mudanzas que se puideran producir no seo do partido deberán agardar ao congreso convocado para o vindeiro ano.

Laura Mintegi, asegurou en declaracións poseriores á xuntanza desenvolvida coa delegación jetzale que concordaban "no ámbito identitario e o modelo de ralacións co Estado español", mais dixo, será preciso debater métodos distintos. No entanto, a maior diferenza entre ambas as dúas organizacións --como se agardaba-- atópase na aposta económica do PNV, que EHB non apoia. Porén, Mintegi salientou o "ambiente cordial" en que se desenvolveran as conversas e as "gañas", dixo, do candidato a lehendakari para "chegar a acordos amplos". 

comentarios