O Supremo rexeita aplicar a norma europea sobre acumulación de condenas

A decisión adoptouse por nove votos contra seis e afecta a máis de medio cento de pres@s de ETA.

Tribunal Supremo (arquivo).

O Tribunal Supremo español desestimou o recurso presentado polo preso vasco Kepa Pikabea contra a negativa da Audiencia Nacional a descontarlle os 10 anos de condea cumpridos en prisións francesas. Con esta decisión, o Supremo rexeita aplicar, por nove votos contra seis, a normativa europea sobre acumulación de condenas, alineándose así coas teses da Fiscalía. Segundo informa Naiz, esta decisión afecta a por volta de medio cento de presos e presas de ETA.

Un sector dos maxistrados, minoritario, era partidario de consultar o Tribunal de Luxemburgo para que dirimira como se debe aplicar no Estado español a decisión marco adoptada polo Consello de Europa en 2008.

Segundo lembra o diario mencionado, o Congreso español aprobou unha lei orgánica que entrou en vigor en decembro pasado e cuxo obxectivo era evitar ter que aplicar a norma comunitaria. Afirmábase que “en ningún caso” se terían en conta para a súa aplicación “as condenas ditadas por un Tribunal doutro estado da UE”.


 

Comentarios