Goberno español require a 42 concellos navarros para que penduren a bandeira de España

O Tribunal Superior de Xustiza de Nafarroa vén de obrigar, mediante sentenza firme, a dous concellos, Altsasu e Olazagutia, a "colocar a bandeira española no exterior da fachada das súas casas do concello e ocupando lugar preferente no interior do edificio”. A delegación do goberno en Nafarroa requeriu a 42 municipios a que puxesen a bandeira española

Concello navarro de Atxarri-Aranatz
photo_camera Concello navarro de Etxarri-Aranatz

O Tribunal Superior de Xustiza de Nafarroa vén de obrigar, mediante sentenza firme, a dous concellos, Altsasu e Olazagutia, a "colocar a bandeira española no exterior da fachada das súas casas do concello e ocupando lugar preferente no interior do edificio”. Unha decisión que se engade ás xa adoptadas a respecto doutros dous municipios navarros, Bera e Lesaka, aos que tamén se lles obrigou a pendurar o pavillón español.

A Delegación do goberno español en Nafarroa realizou até a actualidade un total de 42 requerimentos, segundo lembra Diario de Navarra, a concellos para que `poñan a bandeira española nas súas fachadas. En tres destes concellos (Aranguren, Isaba e Pueyo) están aínda no prazo de cumprimento.

Segundo a delegación do Goberno español, 25 concellos, após o requerimento, decidiron cumprir co establecido na lei 39/1981 de uso da bandeira española. Outros 14 municipios non cumpriron con ese requerimento, polo que a delegación iniciou proceso contencioso-administrativo contra eles. Son: lsasua, Arbizu, Areso, Batzán, Bera, Etxarri, Etxarri - Aranatz, Goizueta, Huarte-Arakil, Ituren, Lakuntza, Leitza, Lesaka e Olazagutia . A estes engádese Ituren, que se ben afirmou que ía cumpri coa lei, non o fixo.

Comentarios