Interior anuncia a detención de varios avogados de pres@s de ETA antes de prendelos

O ministerio español de Interior anunciaba nunha nota na súa páxina web as detencións de varios avogados namentres mantiñan unha reunión nun despacho, axusados de firmar parte da estrutura de ETA. A nota de prensa remitiuse aos medios, filtrándose a algún deles os nomes dos detidos. Mais todo iso fíxose antes da operación.

bilbo
photo_camera bilbo


Unha operación da Garda Civil en Euskal Herría saldouse coa detención de oito persoas, varias delas avogad@s, que se ocupan da defensa dos e das presas da organización ETA. O departamento español mesmo filtraba nomes e apelidos dos detidos a medios afíns. Segundo informaba o ministerio español de Interior na súa páxina web, os arrestos producíronse namentres @s letrad@s mantiñan unha xuntanza no despacho dun deles. Son seis en total as persoas detidas e a Garda Civil considera que era esta "a única estrutura activa de ETA en España".

O departamento que dirixe Jorge Fernández Díaz fala de "presuntos membros de ETA", malia informar de que se trata de profesionais do dereito. A orde foi ditada polo xulgado central de instrución nº6 da Audiencia Nacional española. 

Mais o propio ministerio solicitou minutos despois de colgar esta nota de prensa que a mesma fose anulada. Un erro? Máis ben un 'adianto', pois pouco despois o despregamento das forzas de seguridade españolas en Bilbo, Hernani e Donosti saldábase coa detención dalgunhas das persoas que o ministerio 'filtrara' a medios amigos. 

Este operativo prodúcese ás portas da mobilización contra a dispersión dos presos vascos que este sábado decorrerá en Bilbo e que espera reunir, como é tradicional, a ducias de milleiros de persoas.

Comentarios