xoves 28/01/21

Xesús Pisón: teatro contra o mundo

É moi probábel que, se lle preguntamos a calquera dramaturgo galego novo sobre as súas principais influencias, asome nalgún momento o nome de Xesús Pisón (Ferreira do Valadouro, 1954). E, con todo, segue a ser iso que chaman un "autor de culto", descoñecido para o gran público, case non representado e, como tantos outros, algo esquecido polo mundo da cultura oficial. Pisón vén de publicar agora o ensaio Alborada de Edipo (Laiovento), no que se interna nos escuros meandros da esencia do ser humano, e a peza Materna (Erregueté), unha colección de monólogos femininos que nos falan de como enfrontarmos o horror do mundo.
Xesús Pisón (Foto: Nós Diario)
Xesús Pisón (Foto: Nós Diario)
—Como xurdiu a idea de Alborada de Edipo ? O tema de Edipo, que é o mesmo que o tema de Hamlet e o doutras criaturas literarias, é unha ocupación constante na miña vida. Este libro é unha colección de ensaios breves que se foi…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios