mércores 14/04/21

Menchu Lamas: "Desde algunhas instancias vese con bos ollos a anulación do pensamento"

Menchu Lamas posúe unha longa traxectoria artística que se remonta á década de 1970, na que participou –moitas veces como única muller do grupo– en varias iniciativas pioneiras nas artes plásticas galegas. Hoxe é un referente indiscutíbel que contribuíu de maneira decisiva a colocar a creación galega no mapa internacional. A publicación de nós outras, un libro realizado con Marica Campo, concibido para crear estratexias contra a marxinación e o acoso escolar, e editado por Chan da Pólvora, dános a ocasión para repasar algúns dos elementos chave da súa obra.

Menchu Lamas no seu estudio. Foto: Cora patiño
Menchu Lamas no seu estudio. Foto: Cora patiño
nós outras é un libro destinado, en principio, á infancia, mais o resultado é unha edición da que pode desfrutar calquera persoa lectora ou amante dos libros. Está contenta co resultado? Moi contenta. Foi un traballo moi bonito,…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse