Turismo e comercio xa advirten que a suba do IVE vai xerar peches e despidos

A Alianza para a Excelencia Turística, Exceltur, fala de 19.000 despedimentos no Estado neste sector, e os autónomos alertan de que moitos pequenos comercios terán que pechar.

A suba do IVE afogará, aínda máis, ás familias. E tamén deixará unha pegada ens ectores tan importantes para Galiza como o pequeno e mediano comercio, o turismo ou mesmo a automoción. A Alianza para a Excelencia Turística, Exceltur, fala de 19.000 despedimentos no Estado neste sector por mor do incremento do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), que pasa do 8 ao 10%., como anunciou Rajoy no Congreso e se fará efectivo nos vindeiros días.

E iso que no sector do turismo había confianza en que un aumento do IVE non lles afectase, confiando en que sería un 'mazazo' para a economía galega e española en plena temporada turística. Mais a suba chegou e Exceltur cifra xa nuns 2.010 millones de euros a caída de ingresos para o conxunto da actividade.

E no comercio, cunha forte presenza de autónomos, a suba do IVE xa se percebe como algo que vai levar por diante negocios e empregos. Este sector é un dos máis afectados pola crise.

Cómpre lembrar que desde a Rede Galega de Empresas xa se advertía que un incremento do podíaser "devastadorpara o tecido produtivo da Galiza. "Non esquezamos que estamos a falar de autónomos e de pequenas e medianas empresas, que son a maior parte da nosa economía", indicaban desde o colectivo.

Desde a Rede apuntan a que o dano da suba do IVE vai castigar ás familias, que comprarán menos bens de consumo, e iso terá a súa consecuencia en que nas empresas haberá menos ventas. A conclusión, sinalan, é que iso derivará en despidos, peches e perdas de postos de traballo