Querela de pequenos accionistas de Pescanova contra consello e CNMV

Accionistas minoritarios de Pescanova están a ultimar unha querela contra o consello de administración da multinacional, para o que piden até seis anos de prisión, así como contra a Comisión Nacional do Mercado de Valores. Un exavogado de Ruíz Mateos é o que leva o tema, que chegará a Audiencia Nacional.

Pescanova

Joaquín Yvancos, exavogado de José María Ruiz-Mateos, está a ultimar unha querela de pequenos deaccionistas de Pescanova contra o consello de administración (para o que pediriían até seis anos de prisión) e a CNMV, querela que presentará perante a Audiencia Nacional, tal e como recoñeceu o letrado a Europa Press.

Son accionistas minoritarios que cunha media de entre 20.000 e 30.000 euros en accións de Pescanova, aínda que tamén hai un camioneiro de Cuenca con 400.000 euros investidos.

A querela estaría xustificada porque a dirección da empresa tería cometido "un delito societario e de manipulación contábel",e denuncia o que este avogado considera que é "falta de control e regulación" da CNMV.

Pescanova ten até esta sexta para presentar as contas. Segundo se recolle na prensa especializada, existe unha preocupación por se o paso dado por Pescanova implica unha fervenza de preconcursos en filiais. De feito, unha delas xa optou por esa vía: Pescafina. Esta empresa está participada nun 95% por Pescanova desde febreiro de 2002. Segundo se recolle na propia web desta filial, facturou 458,27 millóns de euros en 2009 que corresponden a 61.211 toneladas de produtos conxelados.

Comentarios