As gandarías de Tenreira Galega de venda directa excluídas das liñas de subvención

As axudas á Tenreira Galega enfrontan á Xunta co sector.

GBJkQKCWYAA8U_n
photo_camera Explotación de Tenreira Galega na comarca da Fonsagrada. (Foto: Tenreira Galega).

A liña de axudas abertas pola Xunta da Galiza para compensar o incremento de custos aos produtores de Tenreira Galega esta a provocar un novo conflito entre o sector e a administración galega. A este respecto, as organizacións agrarias consideran que unha parte moi importante dos gandeiros ficaran excluídas das mesmas, como consecuencia dos criterios estabelecidos pola Consellaría de Medio Rural.

Unións Agrarias amosouse moi crítica coas bases da convocatoria. Neste sentido, o seu secretario de Coordinación Sectorial, Félix Porto, sinalou esta quinta feira nunha rolda de prensa que "non van percibir un só céntimo de compensación dentro da Tenreira Galega algúns produtores e fóra da Tenreira Galega todos”. Nesa liña, Porto aseverou que “de 2.000 produtores en activo na provincia da Coruña, arredor de 1.200 quedarán fóra”.

O responsábel da Producións Ecolóxicas e Extensivas de Unións Agrarias, José Ramón González, que acompañou a Porto na comparecencia pública, asegurou que “non se entende que animais identificados non se cobren, só os certificados, o normal é que a axuda sexa por vaca ama de cría, é o noso elemento produtivo".

O coordinador do sector do vacún do Sindicato Labrego Galego, Brais Álvarez, manifestou que “segundo os criterios anunciados pola Xunta, esta prestación non podería ser percibida por aquelas persoas gandeiras que teñen animais marcados ao nacer dentro da categoría Suprema, pero que logo son distribuídos en circuítos curtos de comercialización”.

Manuel da Cal

O voceiro da Federación Rural Galega (Fruga), Manuel da Cal, denuncia que “a quen benefician estas axudas son a industria, porque vai aproveitar iso para baixar os prezos, xerando unha grande prexuízo para aquelas que non van recibilas”.

Comentarios