Fomento ve un "enriquecimento ilícito" de Audasa na liberación das peaxes O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala

O Estado asume en solitario o financiamento da gratuidade dos tramos O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala da AP-9

ponte de rande AP9

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este sábado un decreto no que o Ministerio de Fomento asume en solitario o custo do financiamento das gratuidades dos percorridos O Morrazo-Vigo e A Coruña-A Barcala, e inversos, da autoestrada AP-9, "na súa totalidade". Unha decisión que adopta atendendo, di, á petición realizada desde a Xunta.

Fomento lembra que a supresión do cobro da peaxe a todos os vehículos que efectuasen os citados percorridos decidiuse para “solucionar os problemas de tráfico" que existía neses tramos. Así, Estado e Xunta pasaban a financiar a media "a partes iguais". Após esta publicación no BOE, vai ser a administración central o que asuma este custo "na súa totalidade", segundo.

Importancia

Neste decreto hai un punto que chama a atención, o de que o propio Fomento recoñece que Audase realizou un “enriquecimento inxusto”. Desde a posta en andamento da medida pola que Estado e Xunta asumían financiar eses tramos houbo "unha diferente evolución dos ingresos pola peaxe dos tramos nos que se implantou a supresión do cobro respecto dos do resto da autoestrada". Así, o Ministerio indica que “os importes abonados pola Administración Xeral do Estado e a Xunta en concepto de compensación difiren substancialmente dos que percibise a sociedade concesionaria de non adoptarse a citada medida. O departamento estatal non dubida en falar de “un certo enriquecemento ilícito” de Audasa polo que considera mester modificar o procedemento de compensación.

Comentarios