A AP-9 continúa a xerar beneficios para os seus accionistas: 45 millóns en 2016

A intensidade media diaria (IMD) de tráfico volveu superar os 20.000 vehículos, cifra que non se acadaba desde 2011.

A concesionaria da infraestrutura, Audasa, aumentou as ganancias a respecto de anos anteriores.Fechou o 2016 cunha facturación que se achegaba aos 139 millóns de euros,unha cifra que supón un incremento do 3,3% a respecto de 2015. O resultado da explotación estivo nos 88 millóns e os beneficios netos nos 45 millóns de euros. A concesionaria adicou 75 millóns de euros a investimentos.  

O tráfico na principal infraestrutura viaria de Galiza volveron aumentar. O IMD, intensidade media diaria, de vehículos foi de 20.008. Superou, pois, a barreira dos 20.000, algo que non lograba desde o 2011. Outro dato a ter en conta é o proceso de automatización que Audasa realizou nas cabinas de portaxes e que fai que o cadro de persoal estea nos 215 traballadores, uns oitenta menos que hai unha década.

O BNG lembra que AP-9 leva recadado en peaxes desde a súa apertura máis de 2.200 millóns de euros e xerou máis de 750 millóns de euros de beneficio, polo que considera que está abondo amortizada. Datos que os nacionalistas forneceron no marco da campaña impulsada hai uns meses para pedir o traspaso desta infraestrutura a Galiza.

Comentarios