Banca acreedora move ficha para que Basagoiti, presidente Banesto e conselleiro de Pescanova, tome as rendas da multinacional

Máis de 30 dos 45 bancos acreedores xuntáronse para ver que facer coa débeda que con eles ten Pescanova e analizar o escenario no que se atopa a firma. Algunha das entidades quererían ver Antonio Basagoiti, de Banesto e conselleiro en Pescanova, levando as rendas da multinacional
Antonio Basagoiti
photo_camera Antonio Basagoiti

A división no seo do Consello de Pescanova é evidente entre o presidente (Fernández de Sousa, 14,4% da multinacional) e o segundo e terceiro accionistas: Damm (6,1%) e Luxempart (5,8%). Un enfrontamento con cruce de comunicados ante a CNMV acusándose uns a outros de mentir. Un "espectáculo lamentábel", en palabras dun accionista, para unha compañía con perto de 11.000 traballadores, 1.500 dos cales en Galiza.

Un escenario do que, como é facil e entender, non gosta nada a banca. Un total de 45 entidades acreedoras. Delas, 35 mantiveron unha xuntanza en Madrid. Para alén de determinadas decisións (criar un comité de dirección, steering committe, para renegociar débeda), tamén se tería falado de nomes para tomar as rendas da multinacional, substituíndo a Fernández de Sousa, ao que se critica tanto a xestión da empresa como da crise.

Malia ser membro do Consello de administración da multinacional desde hai máis de 15 anos, Basagoiti non asistiu á xuntanza que este organismo tivo a pasada quinta feira, a primeira após a petición de preconcurso de acreedores

Así, varias entidades gostarían de ver Antonio Basagoiti, actual presidente de Banesto e conselleiro de Pescanova dese 1996, no sillón que actualmente ten Fernández de Sousa. Malia ser membro do Consello de administración da multinacional desde hai máis de 15 anos, Basagoiti non asistiu á xuntanza que este órgao tivo a pasada quinta feira, a primeira após a petición de preconcurso de acreedores.

Cal é a débeda?

Os cáculos de acreedores e técnicos sitúan a débeda de Pescanova entre os 2.500 e 2.700 millóns de euros. CaixaBank, Sabadell, Novagalicia Banco e Popular terían empréstimos concedidos a Pescanova de máis de 150 millóns de euros. Entre 125 e 150 millones estarían Bankia e Deutsche Bank. Entre 100 y 125 millones, BBVA y Caixa Geral. Entre 75 e nos 100 millones, RBS, Commerzbank e Ceiss.

Movéndose entre os 50 e os 75 millónss, Rabobank, Banesto, Banco Espirito Santo, Kutxabank, BPI, HSBC y Catalunya Banc.

Comentarios