ADICAE cifra as perdas das preferentes en máis de 6.000 millóns de euros

A entidade de usuarios de banca asegura que as perdas directas afectarán a máis de 200.000 pequen@s aforrador@s.

De "fraude" calificou o presidente de ADICAE, Manuel Pardos, as medidas que aprobou o FROB en relación ao  plan de recapitalización do Grupo BFA- Bankia, Novagalicia Banco e CatalunyaBanc. "Confirma a descarga sobre os consumidores de gran parte dos costes do rescate financeiro”, asegurou. A entidade de usuarios de banca asegura que as perdas directas serán de até 6.300 millóns de euros e afectarán a máis de 200.000 pequenos aforrador@s.

No caso de Novagalicia Banco a cifra seria, segundo fontes de la Voz de Galicia, de 660 millóns de euros. Na entidade bancaria galega a situación implicaría, segundo ADICAE, perdas de entre un 30% e un 70% dos aforros e a entrega de novos produtos de débeda das entidades supostamente máis líquidos e accións de entidades que non cotizan en Bolsa para os titulares de preferentes.

Comentarios