Os Xogos Olímpicos condicionan a tempada atlética galega ao aire libre

O GP Cantóns da Coruña, proba máis destacada.
O GP Cantóns será o 19 de maio. (Foto: GP Cantóns da Coruña).
photo_camera O GP Cantóns será o 19 de maio. (Foto: GP Cantóns da Coruña).

Coa chegada do mes de abril  dáse oficialmente o disparo de saída á tempada de atletismo ao aire libre, que vén totalmente marcada e condicionada pola disputa do 1 ao 11 de agosto dos Xogos Olímpicos de París. Estes alteran, en moi boa parte, a organización de toda a axenda atlética para este 2024, que pese a iso deixará na Galiza varios eventos destacados.

Para comezar, as rúas da Coruña volverán ser testemuña, o 19 de maio, do Gran Premio Internacional de marcha Cantóns-Trofeo Sergio Vázquez, que alcanza a súa edición número trixésimo oitava.

Nesta ocasión agárdase unha importante e marcada competitividade, xa que por ser ano olímpico estarán en xogo as últimas prazas para a gran cita gala, razón pola cal estarán percorrendo as rúas herculinas boa parte dos seleccionados e seleccionadas, que terán no Gran Premio Cantóns  un magnífico test previo aos Xogos.

Xa a nivel de pista, a Galiza acollerá por vez primeira o IX Campionato de España de Seleccións Sub-18, logo da paréntese que tivo desde o ano 2005 até o 2017, co obxectivo de repetir os títulos obtidos nos anos 2002 e 2004. 

Este importante concurso do 22 do xuño converterá a cidade do Lérez, Pontevedra, no epicentro do atletismo estatal, sendo ademais a cuarta vez que a Galiza recibe un encontro de seleccións, logo das disputadas polos combinados absolutos nos anos 1987 e 2010 en Vigo e en 996 na cidade herculina.

Ester Navarrete será unha das '10.000 peregrinas'

A próxima edición da carreira 'Os 10.000 Peregrinos' apunta a ser unha das máis concorridas da tempada. A proba supera xa as 1.000 inscritas cando inda está aberto o prazo de inscrición, entre as que destaca a olímpica Ester Navarrete.

Comentarios