Os Xogos do Eixo Atlántico regresan despois da pandemia

O evento comeza hoxe en Maia, Portugal, e estaba previsto orixinalmente para o pasado mes de decembro.

A ceremonia inaugural terá lugar na tarde de hoxe. (Foto: Eixo Atlántico).
photo_camera A ceremonia inaugural terá lugar na tarde de hoxe. (Foto: Eixo Atlántico).

Entre as grandes citas deportivas que regresan tras a pandemia están os Xogos do Eixo Atlántico.

Trátase dun evento transfronteirizo único en Europa que ten como obxectivos “a promoción do deporte, a convivencia entre a mocidade e tamén un mellor coñecemento entre cidadáns das dúas rexións”.

Esta 14ª edición, que se desenvolverá do 4 ao 8 de xullo na cidade portuguesa de Maia, será a que contará coa maior participación da historia, segundo apuntan desde a organización.

Lugo, Ourense, O Barco, Pontevedra, Monforte, Ponteareas, Vilagarcía, A Coruña, Sarria, Compostela, Vigo e Carballo representarán á Galiza. 

O acto inaugural está previsto para as 16.00 horas, e incluirá un desfile dos 2.400 integrantes das delegacións participantes.

As 28 cidades do Eixo Atlántico representadas en Maia serán, ademais da anfitrioa, Matosinhos, Gondomar, Bragança, Famalicão, V.N. de Gaia, Vila Real, Peso dá Régua, Valongo, Braga, Barcelos, Viana do Castelo, Santa Maria dá Feira, Amarante, Guimarães, Póvoa de Varzim.

Por parte da Galiza, estarán representadas Lugo, Ourense, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Monforte de Lemos, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa, A Coruña, Sarria, Compostela, Vigo e Carballo. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

Máis en DEPORTES
comentarios