Tirán gaña, por quinto ano consecutivo, o Campionato Galego de Traiñeiras

A tripulación de Moaña ondeou a bandeira nesta XXX edición, tras imporse con contundencia ás embarcacións de Meira, Amegrove e Cabo

Traiñeira Tirán

Estamos na 'Era Tirán' no remo galego e semella que non hai motivos para tusirlle a esta afirmación. Máis unha vez, e desde volta, en augas de Vilaxoán (vila do 'Carmelo', histórica embarcación que señoreu as augas arousáns nos 40 en competición coa rianxeira 'Manuela').

Tirán non deu tregua. Gañou, por quinto ano consecutivo, o Campionato galego de traiñeiras, que neste 2013 celebraba en a súa XXX edición. A embarcación de Moaña fico un tempo de 19' 27'' e meteulle 5 segundos de diferenza aos segundos (Meira). O terceiro posto foi para Amegrove, cun tempo de 19 minutos 40 segundos.

A táboa do campionato galego que tivo lugar en Vilaxoán complétase con Cabo da Cruz (cuarta posición), Chapela, Mugardos, Vilaxoán e Ares.


 

Comentarios