Riazor volverá ser unha festa na Youth League

O coliseo coruñés abrirá as súas portas a centros educativos e ONG co gallo do choque ante o Maccabi Haifa.
O Dépor quere encher o campo no novo partido da Youth League (Foto: RC Deportivo).
photo_camera O Dépor quere encher o campo no novo partido da Youth League (Foto: RC Deportivo).

O Real Club Deportivo da Coruña quere seguir sumando récords en Riazor.

Logo da histórica remontada na rolda previa ante o Pogon Szczecin polaco, encontro que acolleu a maior cantidade de afeccionados e afeccionadas xamais rexistrado na Youth League (8.522), a entidade branquiazul quere converter de novo o partido de ida da segunda eliminatoria da Ruta dos Campións "nunha gran festa para toda a mocidade e para o fútbol formativo herculino".

Por iso anunciou que, a través da Fundación Real Club Deportivo, todos os colexios e institucións sociais da cidade están convidados a acudir a Riazor na vindeira cuarta feira, 3 de novembro.

O convite é para asistir ao choque contra os israelís do Maccabi Haifa Football Club, previsto ás 20 horas da tarde.

Deste modo, "todas aquelas institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade que queiran asistir só teñen que dirixirse á Fundación Real Club Deportivo para solicitar as invitacións", sinalan. 

A entidade branquiazul quere converter de novo o partido de ida da segunda eliminatoria da Ruta dos Campións "nunha gran festa para toda a mocidade e para o fútbol formativo herculino"

E enganden que o prazo para a súa solicitude remata esta cuarta feira ás 12 horas.

"Para manter a trazabilidade e respectar o protocolo Covid-19, o sistema de adxudicación de boletos solicitara das solicitantes os datos persoais completos", aclaran.

Comentarios