As protestas contra a participación de Israel na Volta ciclista obrigan a cancelar o final da undécima etapa
A undécima etapa da Volta ciclista non terá gañador.
A undécima etapa da Volta ciclista, con saída e meta en Bilbo e de arredor de 157 km, na que volveron repetirse as protestas en favor de Palestina e contra a participación do equipo Israel Premier Tech, non terá gañador "por motivos de seguridade", segundo anunciou a dirección da carreira.
"Por motivos de seguridade, os tempos da clasificación xeral tomaranse a 3 km da liña de meta. Non haberá gañador de etapa. Haberá puntos da montaña e os conseguidos no sprint intermedio, pero non da clasificación por puntos", indicaron os organizadores a través de Radio Vuelta.
Carreira interrompida
A saída neutralizada da undécima etapa xa se viu interrompida durante uns poucos minutos por un grupo de manifestantes que protestaron en contra do "xenocidio" de Israel, despois de que irromperan na estrada do Alto de Enekuri en Bilbo, por onde circulaban os ciclistas, que tiveron que deterse.
A carreira saíra ás 13.25 desde San Mamés e cando o pelotón circulaba, de maneira neutralizada, polo Alto de Enekuri, minutos antes das 13.45 horas, un grupo de persoas colocouse na estrada cunha faixa na que se podía ler "Destroy Israel" (Destrúe Israel) e con bandeiras de Palestina.
Unos manifestantes obligan a detener la carrera momentáneamente en la salida neutralizada.#LaVuelta25 pic.twitter.com/GEnWe7wtoG
— Eurosport.es (@Eurosport_ES) September 3, 2025
Isto provocou que os ciclistas tiveran que deterse neste punto. Axentes da policía retiraron da estrada as persoas que portaban a faixa pero algún dos activistas permaneceu algúns minutos máis e denunciou a actuación de Israel contra o pobo palestino. Finalmente, uns minutos despois, o pelotón puido continuar a carreira.
