O Celta quere mudar a historia en Getafe

A equipa viguesa xógase no Coliseum Alfonso Pérez Muñoz (16:00 horas) darlle a volta aos resultados dos últimos partidos.

Case dous meses leva o Celta de Vigo sen gañar. A equipa que dirixe, polo de agora, Paco Herrera precisa sumar canto antes se non quere caer no burato do descenso. No que levamos de campionato o Celta gañou cinco partidos, empatou outros tantos e perdeu trece, uns números que definen ben a situación pola que pasan os de Vigo desde que accederon á máxima categoría do fútbol estatal. Malia que o presidente, Carlos Mouriño, continúa a crer no treinador ben podería mudar o conto após o que aconteza en Getafe.

Paco Herrera ten, horas antes do encontro, o problema de substituír por estar amoestado a Borja Oubiña. Tampouco estarán no terreo de xogo Quique de Lucas e Andrés Túñez, ambos os dous por lesión, e Toni por decisión de Herrera.

O Getafe, pola contra, conta cunha cómoda posición no medio da clasificación e non semella afectado pola dura derrota diante do líder, o FC Barcelona, hai uns días.

Comentarios