O Celta fai fronte en Mallorca ao primeiro dos duelos pola supervivencia

O treinador anunciou cambios, de xogadores e xogo, para o crucial encontro deste serán (21 h) contra o Mallorca. Fican 24 puntos en xogo e os celestes están dispostos a non deixar fuxir ningún. 

Plantilla Celta

Medio milleiro de siareir@s acudiron este domingo a A Madroa para lembrar a xogadores e equipo técnico do Celta que #XuntosConseguirémolo é moito máis que un simple HT. É un compromiso de afección e equipo para reaccionar. Unha reacción que debe comezar esta noite perante o Mallorca (estadio Iberostar, 21.00 horas, Canal + Liga, Gol TV). É un duelo de pura supervivencia entre pecha-cancelas e o penúltimo. E o Celta non está disposto a perdelo.

Fican 24 puntos en xogo e a permanencia non é unha utopía. Após os resultados desta fin de semana, hai cinco equipos en cinco puntos. E fronte o Mallorca, un rival directo, é unha oportunidade única para sentara s bases dunha remontada na táboa que acabe sacando ao equipo celeste dos postos de descenso.

A defensa do Mallorca, coa do Depor, é a máis goleada desta liga: 63 tantos encaixados

“Gañar, gañar ou gañar”

O treinador, Abel Resino, recoñeceu que pode haber cambio de estilo (o que implementou coa súa chegada, semella que desconcertou a afección e xogadores, `para alén de non dar resultados positivos).

Tamén contempla, ben por cuestións médicas, ben por cuestións tácticas, variacións en todas as liñas agás na portería. Recoñece, nunha entrevista no Faro de Vigo, que na cita de hoxe hai que “gañar, gañar ou gañar” e considera que o campo de Mallorca pode ser o ideal para reaccionar. Máxime tendo en conta que o vindeiro duelo vai ser contra o Zaragoza, outro rival directo (Balaídos. 22 de abril. 22:00 horas).

Comentarios