COPA DO MUNDO DE FÚTBOL

Outra favorita, Alemaña, fóra de oitavos

O empate con Corea do Sur (1-1) enviou a Manschafft de volta a Europa.
Svenja Huth era o vivo rostro da dor despois da súa eliminación. (Foto: Europa Press).
photo_camera Svenja Huth era o vivo rostro da dor despois da súa eliminación. (Foto: Europa Press)

O de Australia e Nova Zelandia está sendo o Mundial das sorpresas. Logo das prematuras eliminacións de Brasil e Italia, outra candidata ao triunfo final dixo adeus na fase de grupos por primeira vez na súa historia, Alemaña.

As teutonas empataron no seu derradeiro partido ante Corea do Sur (1-1), o que unido á sorprendente vitoria de Marrocos sobre Colombia enviou a Manschafft de volta a Europa. E iso que o conxunto dirixido por Martina Voss-Tecklenburg dependía de si mesmo.

Sabía que de gañar a unha Corea que non se xogaba nada -xa sen opcións logo de perder nos seus dous primeiros partidos- obtería o pase aos oitavos, pero non foi quen de reaccionar debidamente ao madrugador tanto de Cho So-Hyun aos cinco minutos, e só lograron empatar no 41 da man de Alexandra Popp.

Comentarios