O Mundial descansa coa vista posta nos oitavos de final

Suíza e España pugnan este sábado ás 7, hora galega, por conseguir un posto entre os oito mellores
Cadro e calendario das roldas finais do campionato. (Foto: EP/Nós Diario).
photo_camera Cadro e calendario das roldas finais do campionato. (Foto: EP/Nós Diario).

O Mundial de fútbol que se está desenvolvendo en Australia e Nova Zelandia tomou esta sexta feira o seu primeiro respiro, cunha xornada de descanso aproveitada intensamente polas 16 seleccións que pugnarán desde primeira hora da mañá deste sábado por levantar a Copa do Mundo nunha finalísima programada para o domingo día 20 de agosto.

A primeira fase que vén de rematar estivo inzada de sorpresas, destacando as eliminacións de catro das favoritas ao triunfo final: Brasil -campioa de América-, Alemaña -número dous do ránking FIFA-, Canadá -vixente ouro olímpico- e Italia.

Esta criba é sintomática da evolución do fútbol feminino, pois unha das maiores críticas que se lle inflixe á disciplina fai referencia ás enormes diferenzas entre as grandes potencias e as seleccións emerxentes, que adoitan traducirse en goleadas. Mais na Copa do Mundo de Oceanía só repiten 10 dos 16 oitavofinalistas da anterior cita mundialista, desenvolta hai catro anos en Francia, e mesmo o continente africano logrou coar tres dos seus representantes: Nixeria, Sudáfrica e Marrocos.

Da revolucionaria primeira fase saíu un cadro final con dous partes moi equilibradas de cara a final de Sídney. Así, nun lado as catro eliminatorias son España-Suíza, Países Baixos-Sudáfrica, Xapón-Noruega e Estados Unidos-Suecia. 

As primeiras en abrir fogo serán  o combinado estatal -no que é indiscutíbel no centro do campo a galega Tere Abelleira- e o suízo, e tan cedo como sábado ás 7 horas da mañá. A que logre saír vitoriosa fará historia, porque ningunha foi quen de superar a rolda de oitavos nas súas anteriores participacións. Xa nos cuartos, colisionaría co vencedor do duelo entre os Países Baixos e unha Suráfrica que se estrea nesta fase.

Con todo, o choque estrela é sen dúbida o que protagonizarán a actual campioa e número un da clasificación FIFA, os Estados Unidos de América, e Suecia, subcampioa olímpica e terceira no Mundial de 2019. Non obstante, non se debe ignorar o duelo entre o Xapón, gañador en 2011, e Noruega, que fixo o propio no xa afastado 1995

No outro lado figuran oito seleccións nacionais que nunca alcanzaron na súa historia unha final mundialista, e das que só a inglesa e a francesa saben o que é disputar unha semifinal da Copa do Mundo: Australia-Dinamarca; Francia-Marrocos; Inglaterra-Nixeria e Colombia-Xamaica.

do o que é xogar unha semifinal. Ademais, xa é seguro que unha modesta como Colombia (25 da clasificación) ou Xamaica (43) será cuartofinalistas, mentres que a gran sorpresa seguramente do torneo, a debutante Marrocos, tentará dar a badalada #ante as francesas. A campioa de Europa enfrontarase a unha perigosa Nixeria e a anfitrioa que queda, Australia, farao #ante Dinamarca.

Comentarios