Fútbol | 1ª División

Marchesín desvincúlase do Celta

O porteiro arxentino ficha polo Gremio brasileiro.
Agustín Marchesín, nun partido en Balaídos. (Foto: RC Celta)
photo_camera Agustín Marchesín, nun partido en Balaídos. (Foto: RC Celta)

Fin á carreira de Agustín Marchesín en Vigo. O gardameta arxentino desvinculouse esta cuarta feira do Real Club Celta, algo que xa era un segredo a voces nos últimos días, tras o acordo alcanzado entre club e xogador. "Marchesín, chegado en agosto de 2022, e a pesar dos desafíos, converteuse nunha figura valiosa para o Celta durante o seu tempo no equipo", salientan desde A Sede.

Aínda que unha lesión no tendón de Aquiles obrigou o porteiro a afastarse dos terreos de xogo durante dez meses, "a súa dedicación quedou demostrada nos seis partidos disputados en 2023", subliña o equipo presidido por Marián Mouriño.

O club agradécelle "o seu esforzo, dedicación e profesionalidade" e deséxalle "o maior dos éxitos" na súa nova etapa deportiva no Gremio brasileiro, que xa confirmou a súa chegada en calidade de axente libre.

Rafa Benítez afrontará o que resta de tempada con dos xogadores para defender a meta celtiña do primeiro equipo, Vicente Guaita e Iván Villar, e poderá contar tamén cos porteiros do Fortuna Coke Carrillo, Ruly García e César Fernández.

Comentarios