VÍDEO NO INTERIOR

A galega Adiaratou Iglesias faise co ouro nos 200 metros lisos da Copa do Mundo de París

Segundo metal esta semana após a prata nos 100 lisos.
Adiaratou Iglesias, no centro, xunto a Soares, Borgella e Kherkoff.
photo_camera Adiaratou Iglesias, no centro, xunto a Soares, Borgella e Kherkoff.

Novo éxito para o atletismo galego e, máis concretamente, para a corredora luguesa —nada en Malí— Adiaratou Iglesias. Se ben comezou a semana no Mundial de París 2023 cunha prata colgada do pescozo nos 100 metros lisos da categoría T13 —discapacidade visual—, na tarde de onte sumou ao seu palmarés un ouro nos 200 lisos.

Iglesias parou o cronómetro en 24,86 segundos, rexistrando así a mellor marca da tempada nesta proba e ficando a pouco máis de seis décimas do récord histórico do mundo (24,24), en mans da cubana Omara Durand.

Acompañárona no podio, en segunda posición a canadense Bianca Borgella, e coa medalla de bronce, a estadounidense Erin Kerkhoff.

Comentarios