O torneo de fútbol máis importante -con permiso do Mundial- queda adiado até o verán de 2021. A UEFA vén de facer oficial que a Eurocopa de nacións, que tiña previsto desenvolverse este verán, será aprazada.
A decisión foi comunicada ás 55 federacións que participaron nunha xuntanza virtual e na que se determinou que, tanto polo propio torneo, como pola necesidade de dotar de datas para que poidan finalizar campionatos como a Liga ou a Copa de Europa, o mellor era tomar esta decisión.