domingo 29.03.2020

O Estrela Vermelha, campioas da Liga Galega de fútbol gaélico

Cun diferencial de +133 para as compostelás, un claro sinal de vantaxe sobre o resto de equipas.

 

Plantel do Estrela Vermelha (E.V)
Plantel do Estrela Vermelha (E.V)

O Estrela Vermelha , campión da Liga Galega de fútbol gaélico feminino, título que conquista por vez primeira na súa historia nesta categoría. Un título que acada após vender en todos os compromisos ligueiros ante equipas da talla das Herdeiras de Lalín, anteriores campioas, ou as Fillas de Breogán da Coruña, líderes en edicións anteriores.

A tempada pasada as xogadoras do Estrela conseguiron o sub campionato de Liga, Copa e Ibérico. A clasificación coa que acaban de gañar a Liga indica un diferencial de +133 para as picheleiras, claro sinal de vantaxe sobre o resto. 

O Estrela Vermelha convértense na cuarta equipa en alzar o título de Liga feminina despois de Irmandinhas da Estrada, Fillas de Breogán da Coruña e as Herdeiras de Dhais de Lalín.

O subcampionato aínda está por decidir, ficando un par de xornadas por disputar.

comentarios