O Estatal de Atletismo 10 Quilómetros Máster contará con 29 galegas na liña de saída

Iria Fernández e Elena Ledo, nomes destacados.
A última edición da competición tivo lugar en Huelva no ano 2023. (Foto: RFEA).
photo_camera A última edición da competición tivo lugar en Huelva no ano 2023. (Foto: RFEA).

Un total de 29 atletas galegas e galegos da categoría máster acudirán o sábado até á localidade alacantina de Crevillent para tomar parte no Campionato de España de 10 Quilómetros en Ruta.

Entre as participantes destaca a presenza na modalidade F40 de Iria Fernández (Adas Cupa), quen terá a oportunidade de pelexar por subir ao podio logo de ficar o ano pasado ás portas das medallas, pois concluíu no cuarto posto da xeral. Ademais, as súas compañeiras de club, Elena Ledo e Martina Tasende, tamén deberían roldar os postos de privilexio, tal e como fixeron o ano pasado en Huelva, onde foron finalistas.

Asemade, brillarán no Estatal os catro actuais campións e campioas galegas, que colgaron do pescozo cadansúas medallas de ouro no certame nacional que se levou a cabo o pasado día 10 de marzo en Xinzo de Limia: María Tarrío na F45, Marcelo Lanza na M50, José Suárez na M60 e  María do Carme Rodríguez na F65.

Xa no eido colectivo, o antedito Adas Cupa pretende reeditar no levante o podio logrado o ano pasado na categoría F45, onde as súas compoñentes subiron até o segundo chanzo do caixón, obxectivos compartidos cos seus compañeiros do Adas masculino, quen remataron terceiros no Campionato de España de 10 Quilómetros en Ruta de 2023.

Pola súa parte, xunto ao potente club de Valdeorras tamén é digna de mención unha Sociedade Deportiva Compostela de Atletismo que presenta dous equipos nas modalidades F45 e M60.

300 inscritas na XIV Carreira Popular de Allariz

Preto de 300 persoas participarán este domingo, 7 de abril, na XIV 'Carreira Popular Concello de Guitiriz Termal’, organizada polo Concello local en colaboración co Club Atletismo Guitiriz e a Xunta Local de Loita Contra o Cancro deste municipio da comarca da Terra Chá. 

A proba terá un marcado carácter solidario, xa que, segundo salientou durante a presentación a alcaldesa, "o recadado, tanto a través das inscricións como da 'Fila 0', irá a parar á Xunta Local de Loita Contra o Cancro de Guitiriz.

Pola súa parte, o presidente da entidade organizadora, Toño Teixido, explicou que a carreira "comezará ás 11.30 horas coa categoría 'biberón', mentres que a absoluta iniciarase ás 12.

Comentarios