Detidos varios xogadores do Real Madrid por difundir un vídeo de relacións sexuais cunha menor

Todo parte dunha denuncia presentada o pasado 6 de setembro en Mogán, Canarias, pola nai dunha menor de idade.

real madrid

A Garda Civil detivo no mínimo tres xogadores do Real Madrid por un presunto caso de revelación de segredos de índole sexual, segundo adiantou El Confidencial atendendo a fontes da investigación.

As pescudas corren a cargo da Policía Xudicial da Garda Civil das Palmas de Gran Canaria e céntrase sobre varios xogadores do equipo branco cuxas identidades non transcenderon polo momento. Tal como avanza o medio anteriormente citado, os detidos serían tres xogadores da canteira do filial e o terceiro equipo, aínda que pode haber varios xogadores máis implicados, incluídos do primeiro equipo.

Todo parte dunha denuncia presentada o pasado 6 de setembro en Mogán, Canarias, pola nai dunha menor de idade. Na denuncia relatouse que un dos detidos gravou un vídeo sexual dela e logo difundiuno.

Sería na mañádesta quinta feira  cando os arrestos tiveron lugar, sendo trasladados os xogadores a dependencias policiais para instruír as dilixencias. Están acusados dun presunto delito de levantamento de segredos.

A resposta do equipo que preside Florentino Pérez foi, até o momento, breve e pouco concisa: "O Real Madrid comunica que tivo coñecemento de que un xogador do Castilla e tres xogadores do Real Madrid C prestaron declaración ante a Garda Civil en relación a unha denuncia pola suposta difusión dun vídeo privado por WhatsApp. Cando o clube teña coñecemento detallado dos feitos, adoptará as medidas oportunas".

Comentarios