MUNDIAL DE FÚTBOL GAÉLICO

CRÓNICA | Último día de competición

Crónica desde Irlanda de Millán Brea, integrante da selección galega
Integrantes das seleccións galegas onte en Derry, Irlanda (Foto: Millán Brea Castro).
photo_camera Integrantes das seleccións galegas onte en Derry, Irlanda (Foto: Millán Brea Castro).

Vaia derradeiro día de competición! Hoxe rematamos o torneo, no que as nosas seleccións poden sentirse moi moi orgullosas.

Por partes: As equipas de Galicia white, perderon contra Australia nos seus cruces de cuartos de final. Nas rapazas, nun partido frenético que remata en empate, a superioridade fisica acabou con decantar a balanza na prórroga para as australianas. No masculino, cun resultado igualado todo o encontro, acabaron perdendo (e xoguei contra eles) por soamente dous puntos. E chegamos á Shield. No femenino, USA Heartland púxose 9 arriba e chegou a remontada das nosas. Un partidazo! Ainda que na recta final dúas xogadas ailladas permitiron ás estadounidenses facerse coa victoria. Que mágoa!

Finalmente, e co meu equipo, gañamos en semifinais a Charlotte... Que subidón!

Estábamos metidos na final mundial da Shielda, contra Canadá (Otawa), pero apenas puidemos competir. Demasiado cansanzo acumulado. A frustración era moi grande. Tamén sei, que son veterano, que valoraremos o obtido dentro duns días!

Agora, escribindo isto tirado na cama e case untado en "trombocid", gustaríame destacar a incrible experiencia que estos World Games nos permitiron vivir: Bo rollo con todos os equipos, charlas de vestiario, todas as nosas compañeiras animando en cada partido, moita chuvia, moitas risas, algún que outro lesionado, a nosa bandeira nas gradas,  rivais espectaculares, pintas de Guinness, anécdotas e máis anécdotas...

Grazas a todas!

Comentarios