O base Eric Washington ficha polo Obradoiro

O equipo da capital medirase co Mornar Basko Zlato montenegrino na Champions.
O xogador norteamericano procede do Academics Heidelberg. (Foto: Nós Diario)
photo_camera O xogador norteamericano procede do Academics Heidelberg. (Foto: Nós Diario)

O Monbus Obradoiro vén de chegar a un acordo con Eric Washington para a súa contratación para esta tempada. Este base estadounidense, con pasaporte maltés, ten 1,83 metros e 30 anos.

Procede do MLP Academics Heidelberg, co que tivo unha media por partido de 19.2 puntos (30.9% en triplos, 57.1% en tiros de dous e 87.1% en tiros libres), 7.3 asistencias, 3.8 rebotes e 1.8 roubos en 30.5 minutos (32 partidos) na pasada edición da liga alemá.

Para o director deportivo do club, Eduardo Pascual, "é un xogador moi rápido e explosivo que pode dar moita enerxía ao equipo", sen esquecer que "está en claro crecemento" e "ten puntos nas súas mans".

Por outra parte, esta quinta feira decorreu o sorteo da Champions de baloncesto e o equipo da capital da Galiza terá que medirse co Mornar Barsko Zlato de Montenegro.

Comentarios