As equipas galegas de fútbol sala e hóquei patíns tiveron distinta sorte este sábado

O Santiago Futsal perde en Sar e o Liceo Coruña segue adiante na Liga Europea
Santiago - Segovia
photo_camera O Santiago Futsal perdeu co Caja Segovia


A derrota do Santiago Futsal no en Sar diante do Caja Segovia por 4-5 foi con polémica. Os galegos mantiveron un bo nivel de xogo e controlaron en todo momento ao seu rival. Foi tras unha protestada decisión do árbitro ao non sinalar unha dobre pena máxima que os de Compostela baixaron o nivel.

Nos últimos minutos os locais case recuperan o marcador mais non foi posíbel o empate. Após deste resultado o Caja Segovia, rival directo dos galegos, afástase e deixa ao Santiago Futsal na zona media da clasificación.

O Liceo pasa a cuartos de final

Os da Coruña seguen a facer historia. Coa vitoria diante do Oliveirense en Riazor por 6-3 o Liceo conseguiu unha praza para os cuartos de final da Liga Europea. Non era un partido fácil, as dúas equipas coñecíanse ben e saíron a gañar. Os da Coruña tiveron sempre o marcador a favor mais os portugueses achegáronse en varias ocasións ao empate.

Ao Liceo tocaralle na seguinte rolda unha equipa catalá, o Barcelona ou o Igualada.

Comentarios