Xa hai finalistas do certame Curtas para Rosalía

A AS-PG deu a coñecer hoxe cuarta feira os finalistas do Certame Curtas para Rosalía nas categorías de Irmandades da Fala, Manuel María e Rosalía. Coñeceremos os gañadores na gala de entrega de premios o 5 de maio. 

cartaz-curtasrosalia
photo_camera Parte do cartel da sexta edición do Certame

'Curtas para Rosalía' é un certame xa asentado dentro do audiovisual galego con cada vez maior número de participantes, entre os que encontramos tanto persoas cunha traxectoria audiovisual consagrada como xente nova.

O xurado desta sexta edocoçpm, formado por Isabel Naveira (actriz), José Manuel Sande (crítico de cine, escritor cinematográfico e guionista, ademais de concelleiro) e Raúl Veiga (director e guionista), decidiu por unanimidade proclamar finalistas da VI do Certame as seguintes curtas:

- Na modalidade Irmandades da Fala:
Mira a miña pel de Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez

-Na modalidade de Manuel María:
Choiva de Denisse Lozano Hermida
Canción da hora na que ladran os cás de Millán Castro Vilariño
Telexornal Manuel María de Luís López Aldegunde

-Na modalidade de Mellor Curta da VI edición de Curtas para Rosalía: 
Adiós Soidá de Fran X. Rodríguez
O espantallo amigo de Carlos Seijo
O prezo da dote de Chus Domínguez

2016, un ano moi coruñés

Coincide esta edición con dous feitos moi relacionados coa cidade da Coruña: o nomeamento do escritor Manuel María, veciño da Coruña, autor ao que se lle dedica o día das Letras Galegas 2016, e a celebración do centenario da fundación das Irmandades da Fala que tivo lugar na Coruña en 1916. É por iso que nesta ocasión o certame inclúe un premio dedicado ás Irmandades e outro a Manuel María.

Gala de entrega de premios

A gala de entrega de premios terá lugar o día 5 de maio de 2016 ás 20 horas no Teatro Rosalía da Coruña e consistirá nun concerto de Davide Salvado coa súa banda e a proxección das curtas gañadoras. O premio na modalidade de Irmandades da Fala será entregado por José Manuel Sande, concelleiro de Culturas da Coruña; o de Manuel María por Saleta Goi, viúva do autor chairego; e o da mellor curta por Xoán Costa, presidente da AS-PG. 

  

Comentarios