Patrimonio inmaterial

Unha volta polas músicas, bailes e memorias

Punto e Volta naceu como un proxecto audiovisual en liña coa vontade de radiografar a situación da música tradicional galega a través das historias, das músicas e dos bailes de diferentes persoas e xeracións. Conversamos con Olaia Tubío e Raquel Pérez, o cincuenta por certo deste colectivo, e Sara García, unha das súas protagonistas. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 273.

[Imaxe: Cedida] Tocadores da Pontraga.
photo_camera [Imaxe: Cedida] Tocadores da Pontraga.

2Punto e Volta xoga coa idea de poñer un punto e cesar o movemento. Un punto para respirar e repensar, para aprender e desaprender, para cuestionarse como está o noso baile e a nosa cultura. E logo darlle unha volta e fiar historias, memorias e vivencias, relatos individuais e colectivos, locais e universais.

Son Olaia Tubío, Raquel Pérez, Alejandro Gándara e David Fontán. Catro graduadas en xornalismo que decidiron darlle unha volta á situación actual da música e baile tradicionais e populares en Galiza. E para iso recorreron directamente ás protagonistas, ás historias e aos relatos de xente de diferentes xeracións e de lugares diversos da xeografía galega. Contan con páxina web [puntoevolta.com] e botan man de diferentes redes sociais para partillaren os contidos de todas as súas entrevistas nas que se poden atopar desde conversas con grupos de pandereiteiras, lembranzas de bailadores, pareceres de profesionais da música ou até as historias de xente moza que se inicia neste mundo. Con contos e cantos. Así é como en Punto e Volta documentan a intrahistoria da música e o baile en Galiza.

[Podes ler a reportaxe íntegra no número 273 de Sermos Galiza, á venda nos quiosques e na loxa]

Comentarios