Vigo acollerá a III edición das Galegas nas Letras

A Sega presenta o programa da xornada na que se homenaxeará María Xosé Queizán. 

A Sega_Queizán

María Xosé Queizán foi a autora elixida pola plataforma de crítica literaria A Sega como figura da terceira edición das Galegas nas Letras. A autora viguesa será homenaxeada o 15 de agosto na cidade olívica, no parque que leva o nome da escritora e feminista. 

O programa da xornada comezará ás 12h coa presentación por parte de representantes da Sega para posteriormente dirixir unhas palabras a propia Queizán. A continuación procederase á leitura dunha escolma dos seus textos e poemas. 

Por volta das 13h está previsto un xantar de convivio para rematar coas actuacións de Mercedes Peón, Cintaadhesiva, Sofía Espiñeira, Silvia Penas, Ai-el-ela Pandereteiras, Rianxeiras da Covecha, e a actuación infantil das Educultoras, s.coop galega.

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios