Desde o 5-O en Compostela

“Vida”, unha mostra do fotoxornalismo de Gervasio Sánchez

A partir do 5 de outubro exporase en Santiago de Compostela unha mostra fotográfica da labor fotoxornalística de Gervasio Sánchez. A exposición poderá visitarse ata o 7 de xaneiro na Sede Afundación da capital compostelá.

gervasiosanchez_vida_03

Gervasio Sánchez mostra o seu traballo como fotoxornalista na exposición fotográfica “Vida”. Trátase dunha selección de 68 fotografías, a maioría delas inéditas, que amosan o triunfo da vida sobre a traxedia da guerra e a violencia.

Os días 6, 7 e 8 de outubro Sánchez impartirá un seminario,  “A dignidade é o que importa”, sobre o papel que desempeñan xornalistas e fotógrafos nos conflitos a través dun percorrido pola súa obra como fotoxornalista. A matrícula pode formalizarse na web ataquilla.com até o vindeiro 3 de outubro.

Gervasio Sánchez, xornalista dende 1984, publica os seus traballos no Heraldo de Aragón e La Vanguardia ademais de colaborar coa cadea SER e a BBC. Ten publicados varios libros fotográficos como Kosovo ou Niños de la guerra.

Galardoado en numerosas ocasións, recibiu en 2011 o Premio Internacional Julio Anguita Parrado pola súa independencia, excelencia xornalística, conciencia e permanente compromiso cívicos. En maio de 2011 recibiu a Gran Cruz da Orde Civil da Solidariedade Social e é enviado especial pola paz da UNESCO desde 1998.

Esta mostra chega por primeira vez a Galiza tras ser apresentada en Madrid a comezos deste ano. Poderá visitarse entre o 5 de outubro e o 7 de xaneiro na sede Afundación en Santiago de Compostela.

Comentarios