Tímpanos medievais da Galiza: San Miguel do Monte

Como tantos outros tímpanos do románico rural galego, as figuras de San Miguel do Monte, situada en Chantada, teñen unha factura propia da arte popular, sen os alardes técnicos da escultura que pode verse nas portadas das grandes catedrais galegas. Esta falta de calidade na execución artística non debe levarnos a menosprezar o valor destas portadas. Pola contra, faremos ben en aprender a mirar unha estética que, no fondo, non está tan lonxe da nosa. Por outra parte, estas obras teñen un valor incalculábel como restos da cultura visual que acompañou a xente do medievo e do seu pensamento acerca da organización da sociedade.
Porta sur da igrexa de San Miguel do Monte, en Chantada. (Foto: Soledad Felloza)
photo_camera Porta sur da igrexa de San Miguel do Monte, en Chantada. (Foto: Soledad Felloza)
As probas documentais máis antigas da existencia da igrexa de San Miguel do Monte, en Chantada, remítennos a mediados do século XIII. Porén, tendo en conta os trazos de estilo e a posíbel datación…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Comentarios