Tareixa Navaza ten unha peza e ten un museo

A vindeira protagonista do "Teño unha peza", a charla que organiza cada mes o Museo do Pobo Galego por mor do seu 40 aniversario, é a xornalista Tareixa Navaza. 

tereixanavaza
photo_camera Tereixa Navaza

No 2017 o  Museo do Pobo Galego vai cumprir 40 anos.  Con este motivo botouse a andar  un  novo  programa que chaman  “Teño  unha  peza”  seguindo  a  actual campaña  de promoción  “Teño un  Museo”.  Trátase dunha charla na que un personaxe coñecido dá unha visión persoal, de maneira que a peza  pode  ser  un  motivo  para  a  divagación,  para  falar  do  museo  ou  do  seus intereses,  pois  non  se  trata  dunha  interpretación  técnica  senón  dun  achegamento dende a pesoa e a súa área vital.

Xa participaron até o momento nesta actividade Suso de Toro, Pepe Carreiro, Encarna Otero, Jorge Mira ou Ses. E a protagonista de mañá terza feira (23 de maio, ás 19 horas) será a xornalista Tareixa Navaza, unha das facianas máis coñecidas da televisión galega. Foi  ela  quen  retransmitiu  a  chegada  dos  restos  de  Castelao  a  Galiza lendo  fragmentos  de 'Sempre  en  Galiza'  e  un  artigo  de  Novoneyra, e  como  consecuencia  desta  retransmisión  foi destituído como director do centro territorial Alexandre Cribeiro. Ten colaborado en múltiples medios de comunicación galegos e foi voceira  do  movemento  feminista  en  Galiza.  Participou  na  fundación  da  Asociación  Galega da Muller e da revista de pensamento feminista  Andaina. 

Comentarios