Sarria reivindica o seu pasado irmandiño

O Concello vén de presentar, xunto coa Deputación de Lugo, a I Festa Irmandiña coa idea de colocar a Sarria como “escaparate da cultura galega” e dar a coñecer “un período fundamental na historia de Galiza”. 

sarria-festairmandiña
photo_camera Presentación da I Festa Irmandiña

Concello de Sarria e Deputación de Lugo presentaron esta mañá a I Festa Irmandiña, organizada pola Área de Cultura da Deputación xunto co Concello de Sarria, que “vai ser escaparate da cultura e da historia galega, ubicada nun entorno emblemático para Sarria como é a Rúa Maior, aos pés da Torre da Fortaleza de Sarria, todo un símbolo dun período fundamental na historia de Galiza como foron as revoltas irmandiñas”, segundo explicou Xosé Ferreiro, delegado provincial de Cultura.

A I Festa Irmandiña reunirá durante os días 15, 16 e 17 do vindeiro mes de xullo, o mellor da artesanía galega, cunha importante representación da artesanía da provincia de Lugo, segundo os organizadores. Haberá obradoiros infantís, un campamento irmandiño, zona de xogos tradicionais galegos infantís, recreación das loitas irmandiñas expulsando aos Condes de Lemos das rúas de Sarria, unha cea medieval, moi variados espectáculos de animación de rúa, música, demostracións artesanais, entre outras moitas actividades.

Comentarios