CRÍTICA DE ROCK E OUTRAS LERIAS

A.S.C.O.: Conciencia Incendiaria

A.S.C.O  (Asquerosa Sociedad Capitalista Opresora), a mítica banda de punk canaria, volve con Conciencia Incendiaria, que é o seu novo traballo de estudo após 15 anos. 10 temas creados para axitar conciencias a ritmo de street punk e hardcore.

A.S.C.O.  é unha desas bandas con conciencia política e sen medo a dicir e expor seus plantexamentos nas letras, mesmo nos sampleos de fragmentos de discurso de Hugo Chávez. Este disco chega anos despois da morte en 2016 de Foncho, un dos membros fundadores xunto a Carlos  Erukto  e moito despois da morte tamén de Abel, quen fora guitarrista da banda, en 2005. Con todo isto temos a formación renovada, mais co mesmo espírito co que nacerán alá por 1995.

O son da banda pode definirse como unha mestura entre Non Servium, Cock Sparrer e Decibelios. De feito, neste traballo contan coa colaboración de Yoan  e Fray de Decibelios. Ademáis de incluír unha versión do We’re coming back, de Cock Sparrer¸ que leva por título Volveremos. De feito esta non é a primeira versión que fan da mítica banda británica, xa que tamén versionaran hai anos I Got Your Number. Isto define claramente o son da banda e os camiños polos que se move.

Escoitar este disco foi transportarme lustros atrás até aqueles tempos nos que, litro de cervexa en man, escoitaba en directo a bandas de punk  e hardcore en centros okupas baixo un ambiente de loita e revolución

Os ritmos frenéticos e a banda, que van dende o hardcore até o Oi!,  xúntanse cunhas letras combativas que non deixarán indiferente ninguén e que farán sentir incómodo aos politicamente correctos. Dende a loita de clases da que fala no tema homónimo até a chamada revolucionaria de Canarias Alzada, pasando polo antifeixismo de Hasta Nunca; dende os berros contra a represión policial de Antipolicial até a homenaxe a Hugo Chávez  e a revolución bolivariana de Comandante Eterno, a mensaxe cruamente revolucionaria está presente para axitar as conciencias e tentar que o pobo se alce na defensa do seus dereitos, na defensa da liberdade e contra o imperialismo.

A.S.C.O.  remata de editar un traballo de punk dos de antes. De aqueles que escoitabamos unha en outra vez nas TDK de 90 minutos, pero con unha calidade claramente superior. Escoitar este disco foi transportarme lustros atrás até aqueles tempos nos que, litro de cervexa en man, escoitaba en directo a bandas de punk  e hardcore en centros okupas baixo un ambiente de loita e revolución. Conciencia Incendiaria é un disco que non deixará indiferente ninguén, e seguramente molestará unha inmensa maioría, o que para min faille sumar moitos puntos a favor.

A.S.C.O. Nas Redes

Facebook: https://www.facebook.com/asco.streetpunk/
Twitter:  @ascostreetpunk

    
Listaxe de Temas

1. Para Bien
2. Lucha de Clases
3. Hasta Nunca
4. No Quiero Ser
5. Colegas
6. Antipolicial
7. Canarias Alzada
8. Comandante Eterno
9. Volveremos
10. A.S.C.O. Army

Comentarios