Rosalía, a raíña de febreiro

Aeroporto co seu nome, avión noruegués coa súa faciana… As previas deste Día de Rosalía que marca o seu 180 aniversario foron tan potentes que xa se fala de febreiro como Mes de Rosalía, o que indica que a data está máis que consolidada no calendario cultural galego. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 235, á venda na loxa e nos quiosques.

rosalía de castro

A figura de Rosalía, inmensa, enche xa todo o calendario de febreiro, con centos de actividades, desde lecturas de versos, a concursos de videopoemas, adaptacións gastronómicas, mobilizacións nas redes sociais. Mesmo unha asociación de comerciantes do Morrazo promoveu unha campaña por mor do seu 180 aniversario. Ou o Punto Gal, que puxo en marcha unha campaña de oferta dos dominios galegos ligados á súa imaxe e xogando cos teus textos.

6Pero por que Rosalía acadou tanta transcendencia social? En opinión de Ledicia Costas, a escritora que leu o manifesto da AELG o pasado domingo, porque “é a autora galega máis universal” e porque “fixo súa a voz das clases populares e, curiosamente, a súa literatura segue conmovendo a día de hoxe a xente máis nova, e iso é fantástico”.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 235, á venda na nosa loxa e nos pontos de venda habituais]

Comentarios