O 24 e 31 de agosto

Regresan as Noites Curtas a Compostela

Os vindeiros 24 e 31 de agosto volta o cine de verán a capital galega coa nova edición das Noites Curtas dentro do Festival Internacional de Cine Curtocircuíto. Este ano terán lugar dúas sesións gratuítas ao aire libre nas que se proxectarán unha selección especial de pezas multidisciplinares quer internacionais quer galegas.

ALIENS Jiajie Yu Yan
photo_camera Fotograma de ALIENS, de Jiajie Yu Yan

O primeiro encontro será esta quinta feira 24 de agosto na praza de Praterías na que o protagonista será o cineasta lucense Adrián Canoura cos seus últimos catro videoclips. Trátase de pezas que realizou este ano para bandas como Guerrera, Baiuca e Nistra (dúo do que forma parte).

Noites Curtas remata cun segundo encontro o 31 de agosto na Praza da Quintana que acollerá títulos como Decorado, obra do galego Alberto Vázquez recoñecida con máis de vinte galardóns internacionais entre os que destaca o Goya á mellor curtametraxe de animación e gañadora do Premio Penínsulas na pasada edición deste festival.

La disco resplandece de Chema García IbarraOver de Jan Saska (República Checa), Aliens de Jiajie Yu Yan (España) e Deep Blue de Joe Nankin (Estados Unidos) son outras das pezas internacionais que se proxectarán nesta segunda cita.

Os dous encontros comezarán ás 22:00 h e, en caso de condicións metereolóxicas desfavorábeis, o festival anunciará un emprazamento alternativo para as proxeccións.

Comentarios