A Rede Museística Provincial impulsa unha proposta formativa sobre o impacto da cultura na sustentabilidade e o benestar social

O programa, en liña e gratuíto está dirixido ao sector cultural, educativo e creativo, tanto lucense como da contorna iberoamericana.
Museo de Lugo
photo_camera Museo de Lugo

A Rede Museística de Lugo convoca unha nova proposta formativa, un ciclo de conversas, espazos de participación e un módulo formativo, nesta ocasión baixo o título Museos, sustentabilidade, benestar / Avaliar, medir, mellorar.

A proposta está dirixida a persoas vinculadas ao sector cultural, educativo e creativo da contorna iberoamericana e ten carácter gratuíto.
As conversas permitirán ás participantes reflexionarsobre como activar  -dende os museos ou calquera proxecto de carácter cultural- diferentes prácticas para mellorar o benestar social e a sostibilidade, avaliando e medindo o seu impacto.

Ciclo de conversas 

Participan, entre outros, o economista Pau Rausell, director da unidade de investigación en economía da cultura da Universitat de Valéncia, que abordará o impacto social da cultura e as novas formas de medir e avaliar; Encarna Lago e Ángeles Miguélez, xerente e traballadora da Rede Museística, que compartirán as estratexias de inclusión dende a empatía desenvoltas nos catros museos, xunto con Sergio Lago (BenCuriosa), que falará de metodoloxías para diagnosticar barreiras de acceso e participación. 

Hugo Cruz (Art & Participation, Portugal), desenvolverá unha aproximación ao concepto de “calidade” da participación cultural e artística; Giada Calvano (co-fundadora Chloe Sustainability e investigadora cultural), ofrecerá as claves dunha estratexia de sostibilidade ambiental, económica e social; Guillem d'Efak Fullana-Ferré (Museu Nacional d'Art de Catalunya) abordará a relación entre arte e saúde, mentres que Elena Villaespesa  (National Gallery of Art  de Washington e Pratt Institute School of Information) falará de sostibilidade dixital e ferramentas para a súa avaliación. 

Proposta vinculada ao Día Internacional dos Museos

Coa apertura da súa comunidade de aprendizaxe para acoller este ciclo formativo, a Rede Museística Provincial de Lugo vincúlase á proposta do 
Consello Internacional de Museos (ICOM), que determinou como lema deste 18 de maio Museos, sostibilidade e benestar.

Arredor desta efeméride entidades museísticas de todo o mundo realizarán actividades que visibilizarán o papel fundamental de museos en 
particular e cultura en xeral no benestar e desenvolvemento sostible das súas comunidades. No caso da Rede Museística Provincial de Lugo, a 
celebración coincide coa apertura da comunidade de aprendizaxe arredor deste programa formativo, coordinado por BenCuriosa.

Comentarios