Este domingo, 23 de abril, o mundo enteiro conmemora o Día do Libro e, con motivo desta popular celebración, o número desta fin de semana do Sermos Galiza dá voz a seis voces referentes da crítica literaria galega —Ramón Nicolás, Armando Requeixo, Mario Regueira, Isaac Lourido, Inma Otero e Tensi Xesteira— para proporen as que, ao seu xuízo, foron as dez mellores obras publicadas na última década en lingua galega.
Segundo o informe de produción editorial de libros do Instituto Nacional de Estatística, entre 2013 e 2019 publicáronse 6.859 títulos en galego. E o Anuario de Estatísticas Culturais do Ministerio de Cultura español achega datos máis actualizados: en 2021 rexistráronse no ISBN 1.034 libros escritos na lingua propia do país en soporte papel, que en 2021 foron un total de 1.136.
Os resultados desta consulta a persoas expertas, apunta a autora da reportaxe publicada neste Sermos Galiza, Montse González, permiten albiscar, por unha parte, a complexidade da encomenda, pois non se producen moitas coincidencias nas seleccións e, pola outra, o peso simbólico que manteñen a poesía ou a narrativa fronte a outros xéneros. Tamén o recoñecemento, cada vez maior, das mulleres autoras ou a relativa autonomía da literatura galega a respecto de modas temáticas ou estéticas.
Ramón Nicolás
- Un señor elegante, de Suso de Toro.
- Feliz Idade, de Olga Novo.
- Virtudes (e misterios) de X. Fraga.
- En vías de extinción, de M. Reimóndez.
- Seique, de Susana S. Arins.
- Chévere 1987-2022. Trinta e cinco anos de axitación cultural, autobiografía.
- As malas mulleres, de Marilar Aleixandre.
- A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo.
- O paraíso dos inocentes, de A. Riveiro.
- Street poems, de Fran Alonso.
Isaac Lourido
- Seique, de Susana S. Arins.
- Todos os pasos fan ruído, de Sara Plaza.
- Galiza, um povo sentimental?, de Helena Miguélez.
- Camuflaxe, de Lupe Gómez.
- Anna Turbau. Galicia 1975-1979., de varios autores.
- Lapsus. A comedia de existir, de Alfonso Pexegueiro.
- Novas do exterior. 63.000 quilómetros de viaxes á cadea, de Xosé Luis Santos Cabanas.
- Proibido sentir. Escritos desde a máquina-prisom, de Adriám Mosqueira Paços (Senlheiro).
- Percorridos por unha teoría do desexo, de Aberte Pagán.
- Un señor elegante, de Suso de Toro.
Inma Otero
- Celebración, de Gonzalo Hermo.
- Feliz Idade (Faktoría K, 2019, de Olga Novo.
- A desvértebra, de Ana Romaní.
- Lixeiro, de Ismael Ramos.
- Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello.
- O último barco, de Domingo Villar.
- Illa Decepción, de Berta Dávila.
- Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas.
- Capitalismo e fascismo. Pisco-ontoloxía da escravitude, de Rebeca Baceiredo.
- Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade (1837-1863), de María Xesús Lama.
Mario Regueira
- Galiza, um povo sentimental? de Helena Miguélez-Carballeira.
- Um pais "a la gallega. Galiza no No-Do franquista, de Beatriz Busto-Miramontes.
- Seique, de Susana S. Arins.
- Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa.
- Cara de velocidade, de Marga Tojo.
- Maternidade, de Yolanda Castaño.
- Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas.
- O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Davila.
- Besta do seu sangue, de Emma Pedreira.
- ...as neuronas irmás..., de Estíbaliz Espinosa.
Tensi Xesteira
- Aqueles días en que eramos malas, de Inma López Silva.
- O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila.
- Feliz Idade, de Olga Novo.
- Camuflaxe, de Lupe Gómez.
- Avelaíñas eléctricas, de Sica Romero.
- Sopas New Campbell, de Teresa Moure.
- Seique, de Susana S. Arins.
- Os bicos feridos, de Anna R. Figueiredo.
- A simetría das bestas, de Alberto Ramos.
- A fiestra aberta, de Juan Parcero.
Armando Requeixo
- O libro da filla, de Inma López Silva.
- A diagonal dos tolos, de Santiago Lopo.
- A lúa da colleita, de Anxos Sumai.
- Non hai outro camiño, de Isaac Xubín.
- Feliz idade, de Olga Novo.
- Tempo fósil, de Pilar Pallarés.
- Soño e vértice, de Eva Veiga.
- Unha corrente salvaxe. Historia dunha descoñecida, de Raúl Dans.
- Na miña alma ouvea un lobo, de Xavier Lama.
- Suite Artabria, de Manuel Lourenzo.