AXENDA

Propostas para unha fin de semana diferente

Tanxugueiras web

XIX Mostra de Curtas

Ferrol

Ateneo ferrolán

11-12.12.2019

19 horas

O Ateneo ferrolán arroupa a XIX Mostra de Curtametraxes 2019, entre os días 11 e 12, ás 19 horas. Un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto que aposta polo cinema local e internacional de calidade. Entre as propostas deste ano poderán verse "Mouras" de Olga Osorio, "Limbo" de Dani Viqueira, "O xefe" de Fernando Tato e “Atopando o camiño” de Andrés Castro e María Fanjul.

Ruth Matilda Anderson, exposición

Carballo

Pazo da Cultura

Até 31.12.2019

Vén de inaugurarse a exposición “Unha mirada de antano: fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia”, enmarcado no proxecto “Corrente cultural”. Unha selección de imaxes que a pioneira das fotógrafas da Hispanic Society of America realizou en Galiza entre os anos 1924 e 1926, recompilando así evidencias dos costumes do pobo galego. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 31 de decembro.

Presentación

Compostela

Chan da Pólvora

13.12.2019

20.30 horas

De Coas costas dobradas (Chan da Pólvora Editora, 2019), premio Jocs Florals, de Pau Vadell i Vallbona, quen estará arroupado por Antón Lopo, director da editorial.

No Nadal... un conto!

Vigo

AV Novo Vigo

15.12.2019

17.30 horas

Esperanza Mara fará de contacontos con Xogando coa música, un espectáculo dirixido a crianzas de máis de tres anos.

Libros

A Coruña

AC Alexandre Bóveda

13.12.2019

19 horas

Presentación de Žižek vai ao ginásio de Tiago Alves Costa, con Estíbaliz Espinosa Río e Martin Pawley, e un video-poema de Roi Fernandez.

Vermú literario

Pontevedra

Libraría Paz

14.12.2019

12.30 horas

O vermú entre libros de decembro acolle a visita da poeta María do Cebreiro que conversará co tamén poeta Ismael Ramos.

Concerto

Burela

Auditorio municipal

14.12.2019

21 horas

Concerto presentación de Contrapunto, novo traballo de Tanxugueiras, renovación, reinterpretación e revolución para a música trad.

Festival

Rianxo

Auditorio municipal

14.12.2019

18 horas

O Festival de Nadal, de música e baile tradicional, está organizado pola asociación Vai de Roda.

I Achegasons

Ourense

Liceo

15.12.2019

11 horas

Actividade benéfica, na entrada recóllense xoguetes,que conta coa presentación ‘Entre Ourense e Pontevedra: Batendo cos paus na pel’ e concerto da AOFT.

Comentarios