teatro

Estes son os 47 espectáculos (e máis de 350 profesionais) que optan aos Premios María Casares

Rexistran nesta edición a maior participación da súa historia.
naria casares
photo_camera Unha imaxe da cerimonia de entrega dos premios de 2023. (Foto: AAAG)

Os premios de teatro María Casares rexistran a maior participación da súa historia ao inscribirse un total de 47 espectáculos e máis de 350 profesionais na súa 28ª edición, cuxa gala de entrega terá lugar vindeiro 21 de marzo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Así o confirmou a organización, que sinalou que este récord de inscricións alcánzase na segunda edición na que os galardóns incrementan os seus apartados, xa que en 2023 as bases foron modificadas para ampliar o certame ao crear dúas novas categorías: dirección de movemento e espectáculo de marionetas, obxectos e figuras animadas.

Na última década, detalla, só superouse a cifra de 40 espectáculos participantes en 2017, no que concorreron 44 montaxes, e no 2015, que contou coa presentación de 43. A Asociación de Actores e Actrices de Galiza (AAAG), asociación sindical que organiza os galardóns coa colaboración de entidades e institucións, abrirá esta cuarta feira a primeira quenda de votacións.

Dela sairá a relación dos finalistas que optarán aos 16 galardóns nos que se dividen os María Casares: espectáculo, espectáculo infantil, espectáculo de marionetas, obxectos e figuras animadas, dirección, dirección de movemento, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, texto orixinal, adaptación-tradución, espazo sonoro, espazo escénico, iluminación, maquillaxe e vestiario.

Perto de 500 persoas pertencentes ao sector escénico están chamadas a emitir os seus votos de forma telemática a través da web da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) até a sexta feira 9 de febreiro nesta primeira rolda de votacións.

 

Espectáculo

Compañía

1

A fábula de Vila Chá

Mircromina

2

Á luz do día. Nalgún lugar do mundo, a algunha muller

Serea Teatro

3

A Nai

Amorodio Teatro

4

A teteira de Kabul

Xarope Tulú

5

Ándale, Bon appêtit!

Teatro Ghazafelhos

6

As Damas de Ferrol

Teatro do Noroeste

7

Asfixia

Vórtice Escénico

8

Backstage

NegroLópez

9

Backup. A Resurrección de Nuno

De Ste Xeito Producións

10

Bailar no ceo

Xerpo

11

Blues de Medianoite-versión estendida

Laboratorio Escénico

12

Brokeback Sabucedo (Paixón entre bestas)

Sal do Teatro

13

Cabicivai

Os contos de Pablísimo

14

Cantamos con Rosalía?

Luís Vallecicllo

15

Códice K

Ainé

16

Coliño

A xanela do Maxín

17

Corentena

Ainé

18

Crisálida

Caramuxo Teatro

19

Deadpan Karaoke

Ibuprofeno Teatro

20

Entrega en man

Contraproducións

21

Frida

A Cova das Letras

22

Frío

A Feroz

23

Hamelin

Rerdum Teatro

24

Historia dunha nena nomarada do mar

O sol de outono Teatro

25

Insubmisa

Antagonista Teatro

26

Iphixenia na porta do súper

Compañía Humana

27

Kyoki

Elefante Elegante

28

Made in Galiza

Sarabela Teatro

29

Menu-do día

Colectivo CBV

30

Mosca

Ártika Cía.

31

Mozas nas redes

aAntena

32

Nanai da China

Pérez&Fernández

33

O Auto do Castromil

Producións Teatráis

 Excéntricas

34

O pequeno poni

Redrum Teatro

35

O rapto da Befana

Olivas Negras

36

O refuxiado

Stracciatella Teatro

37

Picassos Animados

Títeres Cachirulo

38

Que din as Rumorosas

Maquinarias Teatro

39

Revolta

Cía. Juanito&Filomena

40

‘Selkie’. A lenda do Mar do Norte

Luis Vallecillo

41

Shakespeare en Roma

Centro Dramático Galego

42

Síbaris

Condetrespés

43

Sofá

martaalonsotejada

44

Treboada

Nauta

45

Un hotel de primeira sobre o río

Centro Dramático Galego

46

Unha inimiga do pobo

Talía Teatro

47

VOX POPULI

Malasombra

Comentarios