luns 20.01.2020

Pallasos en Rebeldía íspense perante o muro da vergoña de Melilla

Para denunciar a “espido da humanidade” perante o muro da vergoña de Melilla, Pallasos en Rebeldía, co clown galego Iván Prado como voceiro, desenvolveu unha acción reivindicativa que rematou cos artistas sen roupa á beira da reixa. 

Pallasos en Rebeldía en Melilla
Pallasos en Rebeldía en Melilla

Con tres artistas sen roupa diante do muro da vergoña de Melilla rematou a acción de Pallasos en Rebeldía e a compañía de circo Kanbahiota que se desenvolveu ao pé do valado co fin de denunciar a inxustiza de barreiras como o aramio do goberno marroquí. A Garda Civil interrogou e pediu os datos ao clown galego no remate da acción reivindicativa. 

Nariz vermello, sorriso e humor son as tres armas que Iván Prado destacou na súa loita contra as inxustizas. Desta volta, quixeron mostrarse nus perante “a vergoña do poder e o silencio colectivo”  da que é exemplo a fronteira de doce quilómetros na cidade de Melilla, cunha barreira que, segundo sinalan desde o colectivo “atenta contra a liberdade e os dereitos das persoas individuais e do conxunto da humanidade”. O muro consta de tres reixas de seis metros coroadas por afiadas coitelas colocadas polo estado español que producen feridas a quen tenta atravesala. 

comentarios