O Galo busca a Compostela das Cantigas

Coñecer Compostela a través da lírica medieval galego-portuguesa. Eis o convite da Asociación Cultural o Galo para participar no roteiro que o sábado 19 de xaneiro guiarán Isabel Morán e José António Souto.

 

cantigas
photo_camera cantigas

Sairá da Praza do Pan tamén coñecida como Praza de Cervantes ás 11.00 da mañá e para participar no roteiro abonda con se presentar á hora indicada. Serán Isabel Morán e José António Souto, que escribiron conxuntamente, O amor que eu levei de Santiago, quen explicarán os distintos espazos da cidade medieval.

Os espazos das cantigas de Airas Fernándes, Airas Nunes, Bernal de Bonaval, Fernando Esquio, Joam Airas, Joam Vásquez, Pai Gómez, Pedro Amigo, Pero da Ponte ou Pero García serán visitados no roteiro.

O percorrido seguirá o transcorrer do libro que Isabel Morán e José Antonio Souto escribiron coa colaboración da prestixiosa medievalista brasileira Yara Frateschi Vieira. Espazos como Bonaval, a Praza do Campo, Cornes, Conxo, Mazarelos, Moeda Vella, Preguntoiro, Salomé, Sar ou San Martiño Pinario teñen presenza no volume e serán, boa parte deles, visitados na iniciativa do Galo.

Comentarios